Conta Rebelión.org que La Voz de Galicia decidiu deixar de publicar (unha forma de censura) os artigos semanais que dende había anos Ignacio Ramonet e Ramón Chao inserían no xornal. Estes artigos, e outros (Freixanes, Lourenzo F. Priento, A. Guerreiro, Barreiro Rivas...) supoñen unha aposta consciente e estratéxica do xornal coruñés por dar unha apariencia de pluralidade nas súas páxinas. Porén, estes autores son decote censurados nas páxinas de opinión de La Voz, cando os seus artigos (sobre todo cando tratan temas incómodos para a dirección e estrutura de propiedade do xornal, coma o conflito vasco, a realidade plurinacional do Estado Español ou o xiro á esquerda de América Latina).
Os autores devanditos cuxos artigos son censurados deberían reflexionar a conveniencia da súa continuidade como colaboradores en La Voz de Galicia, ou a súa propia credibilidade persoal podería comezar a verse cuestionada.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment