29.10.05

OJD: La Voz segue baixando

O aspecto máis salientable dos últimos datos do OJD, publicados hoxe, e correspondentes ao primeiro semestre deste ano, é o forte descenso de vendas que sofre La Voz de Galicia, que en tan só seis meses perde máis de dous mil exemplares, un dous por cento. Esta baixada únese á caída continuada que o xornal coruñes mantén dende o 2002, que o levou a perder en dous anos e medio máis de oito mil compradores (un oito por cento do total). Ó último dato do OJD sitúa ao xornal na súa pero situación dende 1991, cando vendía 100.242 periódicos diarios

No resto das cabeceiras, case todas baixan minimamente (ao redor dun cento de exemplares): El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Opinión, mentres que La Región rexistra un descenso máis brusco, pois perde uns catrocentos exemplares (un tres por cento do total) e acumula unha caída do dez por cento en cinco anos. Pola contra, suben moi lixeiramente El Progreso, Diario de Pontevedra e Atlántico Diario.


¿Canto tempo resistirá La Voz de Galicia? ¿Renderase ante o bipartito na procura das subvencións que necesita para sobrervivir? ¿Ou redobrará a súa campaña contra o BNG buscando un acordo máis favorable? Máis interesante que os debates que La Voz realiza na súa páxina web sobre a conveniencia de deter as obras da Cidade da Cultura (debate que o xornal ocultou durante o goberno Fraga) sería outro debate sobre se debe desaparecer La Voz de Galicia: ¿Debe a Xunta seguir sostendo artificalmente a La Voz a través de subvencións públicas?

No comments: