29.10.05

RAMONET ANALIZARÁ NO CONSELLO DA CULTURA OS GRANDES CAMBIOS DA COMUNICACIÓN NO SÉCULO XXI

O catedrático e xornalista Ignacio Ramonet, director do xornal "Le Monde Diplomatique", expoñerá no Consello da Cultura Galega (CCG) a súa visión sobre os grandes cambios que está sufrindo a comunicación no novo século e sobre os seus retos de futuro. Ramonet participará en Santiago nas xornadas que celebrará o Arquivo de Comunicación do CCG sobre "Documentación e poder nas sociedades da información. O papel dos arquivos e os observatorios de comunicación" os días 30 de novembro e 1 de decembro.

O autor de libros como A Tiranía da Comunicación e Como nos venden a moto explicará o funcionamento e actividades do Observatorio Internacional de Medios de Comunicación (Media Watch Global), iniciativa xurdida no transcurso do Foro Social Mundial de Porto Alegre do ano 2002 e creado oficialmente en 2003, e da que Ramonet foi un dos principais promotores. Este Media Watch Global, con sede en París, naceu coa vocación declarada de forxar unha arma colectiva de debate e de acción democrática en defensa do dereito de expresión e está formado por xornalistas, universitarios, militantes de asociacións, lectores de diarios, oíntes de radios, telespectadores e usuarios de internet. A entidade trata polo tanto de protexer á sociedade contra os abusos e as manipulacións, así como defender a información coma un ben público e reivindicar o dereito dos cidadáns a ser informados. Uns obxectivos que se enmarcan dentro do debate que o Consello da Cultura pretende suscitar coa celebración destas xornadas sobre a complicada relación entre poder e comunicación.

MEDIOS E INVESTIGADORES
Ademais da intervención de Ramonet, está prevista a participación de destacados investigadores e representantes dalgúns dos principais medios de comunicación galegos e estatais. O encontro e a participación destes expertos supón un importante paso máis no intento de establecer unha ponte de comunicación entre a teoría e a práctica, entre os académicos e os profesionais do sector, para debater sobre o poder da documentación na actual sociedade da información, desbordada en numerosas ocasión polo inxente caudal de datos e opinións que chegan aos medios e aos cidadáns día a día.

Para dar conta deste fenómeno, as xornadas comezarán abordando os desafíos da comunicación e da cultura no terceiro milenio de man de tres recoñecidos especialistas: Bernardo Díaz Nosty, da Universidade de Málaga, Enric Saperas, da Universidade Rei Juan Carlos e Marcial Murciano, da Universidade Autónoma de Barcelona. Esta perspectiva teórica sobre a información completarase coas achegas de Mariano Cebrián e Emilio García, da Universidade Complutense de Madrid, e Emilio Prado, da Universidade Autónoma de Barcelona, que analizarán a comunicación de proximidade na sociedade global.

Tras estas aproximación xerais aos retos da comunicación, os encontros centraranse en abordar a achega concreta dos arquivos e os observatorios de comunicación á sociedade e á súa información. Representantes dalgúns dos principais medios de comunicación estatais e galegos, como El País, a axencia EFE, La Vanguardia, CRTVG, TVE-Galicia, Grupo Voz, Faro de Vigo, Grupo Correo Gallego, La Región, El Progreso e El Ideal Gallego, debaterán sobre como se manexa diariamente nas súas redaccións a relación entre información e influenza. A súa visión práctica será completada coas achegas de investigadores de diferentes universidades españolas sobre bases de datos e novas tecnoloxías, sobre procesos de dixitalización e recuperación de material e sobre os centros de información e documentación nos medios.

BASES DE FUTURO
Os organizadores do encontro destacan a importancia de reflexionar sobre estes aspectos desde un punto de vista teórico e práctico, porque a celeridade da información na actualidade implica establecer canles para a súa conservación, localización e uso nun tempo en que prima a caducidade e as dificultades de almacenamento, dada a cantidade inxente de datos producidos. A frase "quen ten a información ten o poder" farase cada vez máis patente nos vindeiros anos e converterase nun importante factor económico de uso e cambio, así como necesario alicerce para recuperarmos a memoria."A documentación é poder para aqueles medios que saiban aproveitar o seu potencial, dispoñendo dos recursos necesarios. É unha aposta polo pasado para ser capaces de establecer o futuro", advirte Xosé López, director do Arquivo de Comunicación.


Xornadas sobre:
DOCUMENTACIÓN E PODER NA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN: O PAPEL DOS ARQUIVOS E OS OBSERVATORIOS DE COMUNICACIÓN

MÉRCORES, 30 DE NOVEMBRO
_________________________________________________________

9:30 Inauguración. Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello da Cultura Galega

10:00 Desafíos da comunicación e da cultura no terceiro milenio.
Bernardo Díaz Nosty. Universidad de Málaga
Enric Saperas Lapiedra. Universidad Rey Juan Carlos
Marcial Murciano. Universitat Autònoma de Barcelona

11:30 Pausa - café

12:00 -14:00 Mesa redonda
El País
La Vanguardia
EFE

16:30 Os centros de información e documentación nos medios
José Antonio Moreiro. Universidad Carlos III
Lluis Codina. Universidad Pompeu Fabra
Mercedes Caridad Sebastián. Universidad Carlos III
Eugeni Girald. CEDOC


XOVES, 1 DE DECEMBRO
_______________________________________________________

10:00 Comunicación de proximidade na sociedade global
Mariano Cebrián Herreros. Universidad Complutense de Madrid
Emilio Prado Rico. Universitad Autònoma de Barcelona
Emilio García. Universidad Complutense de Madrid

11:30 Pausa - café

12:00 Bases de datos e novas tecnoloxías
José Luis Dader. Universidad Complutense de Madrid
Alfonso González. Universitat Autònoma de Barcelona
Alfonso López Yepes. Universidad Complutense de Madrid

16:00 Procesos de dixitalización e recuperación de material en Galicia
Daniel Buján Núñez. CSBG
Javier Agenjo Bullón. Empresa DIGIBIS

17:15 Mesa redonda
Grupo Voz
Grupo Faro de Vigo
Grupo Correo Galego
Grupo Progreso
Grupo La Región
Grupo El Ideal Gallego
CRTVG
TVE-Galicia
18:45 Pausa - café

19:00 Observatorio internacional dos medios de comunicación. Ignacio Ramonet


INSCRICIÓNS EN: http://www.consellodacultura.org/xornadas/arquivos/inscricions.htm

6 comments:

Roberto Iza Valdés said...
This comment has been removed by a blog administrator.
Roberto Iza Valdés said...
This comment has been removed by a blog administrator.
Roberto Iza Valdés said...
This comment has been removed by a blog administrator.
Roberto Iza Valdés said...
This comment has been removed by a blog administrator.
Roberto Iza Valdés said...
This comment has been removed by a blog administrator.
Anonymous said...

You will acquire scuttlebutt about different questions. Look into the internet locate and yourself substantiate it! [url=http://szkoleniaforex.info/]forex[/url]