29.6.05
O CAMBIO CHEGA AOS MEDIOS
Pola súa banda, Libertad Digital afirma que Rodolfo Irago, actual xefe de informativos da Cadena SER, podería ser nomeado director da CRTVG.
DATOS EGM: BAIXA LA VOZ
El País mantén unha suba constante que o leva a achegarse a Marca, que perde máis de cen mil lectores no último ano. El Mundo é a cabeceira que máis sobe, 149.000 lectores nun ano, e lévalle xa máis de medio millón de lectores aos seus máis directos perseguidores.
El Periódico, ABC e La Vanguardia mantéñense estábeis, aínda que baixan, o mesmo que La Razón. Sobe case 60 mil lectores El Correo Español, que se sitúa 11º a só cinco mil lectores de La Voz.
En Galicia, o Faro baixa lixeiramente e El Progreso e La Región seguen por debaixo de 90 mil lectores. ECG non mantén as súas espectaculares cifras da última onda e regresa aos seus niveis habituais (91.000)
Datos de Maio04 Nov04 Mar05 Maio05 (evolución maio 04- maio 05)
EL PAÍS: 2098-2155-2191-2186 (+88)
EL MUNDO: 1251-1314-1387-1400 (+149)
EL PERIODICO: 885-884-893-874 (-9)
ABC: 876-903-852-839 (-37)
LA VANGUARDIA: 765-800-766-735 (-30)
LA VOZ DE GALICIA: 696-679-652-590 (-136)
ECE-EPV: 527-544-563-585 (+58)
LA RAZÓN: 456-458-438-449 (-7)
LA NUEVA ESPAÑA: 364-369-371-378 (+14)
LEVANTE: 327-361-353-346 (+19)
DIARIO VASCO: 338-322-324-337 (-1)
FARO DE VIGO: 304-303-287-291 (-13)
HERALDO: 305-305-309-281 (-24)
27.6.05
Communication Research 1 August 2005; Vol. 32, No. 4
The Impact of Mood on Persuasion: A Meta-Analysis Craig R. Hullett Communication Research 2005;32 423-442 http://crx.sagepub.com/cgi/content/abstract/32/4/423?etoc
Why Does It Hurt?: The Perceived Causes of Hurt Feelings Anita L. Vangelisti, Stacy L. Young, Katy E. Carpenter-Theune, and Alicia L. Alexander Communication Research 2005;32 443-477 http://crx.sagepub.com/cgi/content/abstract/32/4/443?etoc
News about Genetics and Smoking: Priming, Family Smoking History, and News Story Believability on Inferences of Genetic Susceptibility to Tobacco Addiction Joseph N. Cappella, Caryn Lerman, Anca Romantan, and Lemi Baruh Communication Research 2005;32 478-502 http://crx.sagepub.com/cgi/content/abstract/32/4/478?etoc
Switching Social Identities:: The Influence of Editorial Framing on Reader Attitudes Toward Affirmative Action and African Americans John D. Richardson Communication Research 2005;32 503-528 http://crx.sagepub.com/cgi/content/abstract/32/4/503?etoc
24.6.05
THE POLITICAL BUILDING OF EUROPE
“todos os cambios que se están operando no mapa da Europa occidental apuntan moito máis cara á relativización do Estado (que é tanto como dicir a súa desnaturalización) que cara á desaparición das características morfolóxicas nas que se asenta a conciencia da nacionalidade” (Barreiro, 2004:31).
Habermas augura a fin das nacións e dos estados-nación tal e como os coñecemos hoxendía, artefactos tipicamente decimonónicos e xa anquilosados. Outros autores concordan con el en que a nova xeira política vai pór en cuestión os marcos territoriais de decisión forxados ao abeiro das vellas concepcións políticas (Barreiro, 2004:40). Autores como Jauregui e Nagel van máis aló e sinalan que xunto á desaparición do concepto de Estado-nación estamos a vivir un proceso de potenciación das nacións sen Estado e máis das rexións no novo marco europeo. Ademais, a actual globalización financeira e económica[ii] non respecta fronteiras estatais, o que pode ser aproveitado polas nacións sen estado que saiban especializarse e presentarse como modernas e flexíbeis. Mesmo existen fundacións (como a Foundation Europe of Cultures) que defenden a diversidade cultural como posíbel estímulo para o crecemento económico. No novo escenario europeo, a estratexia política das nacións sen Estado muda, necesariamente. En palabras de Gurutz Jáuregi:
“El objetivo de las reivindicaciones nacionales no debería ir dirigido tanto a la constitución de un Estado nacional, sino a la obtención de un poder político propio suficiente para estructurar su convivencia interna y regular sus relaciones externas con otras naciones o colectividades” (Jáuregi, Gurutz: La nación y el estado nacional en la perspectiva de la Unión Europea, 476).
Con todo, ante o novo tempo que fai tremer os vellos conceptos de nación e estado, Habermas pregúntase: ¿pode a democracia, tal como se desenvolveu no Estado Social, manterse e desenvolverse máis aló das fronteiras nacionais? (Habermas, 2000:9). O alemán propón a construción de novas unidades sociais (podemos chamalas igualmente nacións) baseadas en valores tipicamente democráticos, como a liberdade individual[iii], a solidariedade ou a igualdade de oportunidades. Deste xeito, as novas nacións non estarían xa construídas sobre referentes obxectivos (lingua, territorio) senón sobre valores máis universais, dun xeito semellante a como se configura a nación norteamericana dende 1776, ou como propuña o espírito da Revolución Francesa. Ademais, unha alternativa á euforia desatada pola política neoliberal podería consistir en atopar unha fórmula de proceso democrático que fose máis aló do Estado-Nación. Actualmente, as sociedades existentes, baseadas no Estado-Nación, pero superadas nas súas capacidades polas distintas bagas de desnacionalización, non teñen máis remedio que “abrirse” a unha sociedade mundial que se lles impuxo a través da economía (Habermas, 2000:84).
Estas reflexións son moi oportunas para o proceso de state-building e de incipiente nation-building europeo, no momento en que os politólogos buscan ansiosamente non-majoritarian sources of legitimacy (fontes de lexitimación non baseadas no principio da maioría) para a Europa do futuro. Fai falla unha conciencia de pertenza común que faga posíbel que aqueles “asociados e unidos libremente” se identifiquen entre eles como cidadáns (Habermas, 2000:33). Habermas fálanos do patriotismo constitucional, o que outros identifican sobre todo co novo patriotismo europeo; o pensador fala de incorporar novos referentes para a construción simbólica das nacións e das sociedades, necesaria para o normal funcionamento da democracia, polos valores de solidariedade e unidade que aporta. A mobilización política dos “súbditos” esixe primeiro a integración cultural dunha poboación heteroxénea. Este desideratum satisfaino a idea de nación, con cuxa axuda os membros dun Estado constrúen unha nova forma de identidade colectiva que vai máis aló das lealdades adquiridas dende o nacemento (Habermas, 2000:88). O simbolismo cultural dun pobo produce unha unidade imaxinaria e lles proporciona aos habitantes do mesmo territorio estatal (que até daquela só posuían identidade abstracta mediada xuridicamente) a conciencia de pertencer a algo común. Só a construción simbólica dun pobo fai do Estado moderno un Estado nación.
Con todo, a constitución dunha unión política europea completa, mesmo cando esta unión xere riscos de identificación que vaian construíndo unha identidade nacional europea, non significará necesariamente a automática desaparición das previas identidades nacionais. Para Barreiro, seguirán pervivindo
“moitos dos elementos de autoidentificación que estruturan as amplas colectividades que subxacen á Europa dos Estados, coa mesma lóxica coa que Stein Rokkan descubriu a formación das grandes correntes identitarias que precederon á aparición dos Estados-nación” (Barreiro, 2004:32).
O proceso que estamos a vivir e que nos encamiña cara á coexistencia dunha identidade colectiva europea xunto ás actuais identidades nacionais non é novo, e na historia de Europa atopamos varios exemplos de experiencias semellantes. Unha delas é a da propia Gran Bretaña, na que xunto ás identidades nacionais inglesa, galesa e escocesa existe unha innegábel identidade británica. Do mesmo xeito, durante o século XIX, no Imperio Austro-Húngaro, políticos e pensadores austríacos, checos e doutras nacións (Palacky, Rieger, Kramar, así coma os intelectuais socialdemócratas e socialistas) querían converter a Austria nunha federación multinacional de grupos nacionais e nacións politicamente independentes. Igualmente, o líder nacionalista checo Masarik soñaba con crear un estado checoslovaco multinacional, no que convivisen checos, eslovacos, alemáns e ucraínos, nunha caste de Suíza centroeuropea. Porén, a construción dunha identidade paneuropea pode non significar a fin dos conflitos entre identidades existentes no interior da Unión, pois en principio o feito de que dúas identidades colectivas sexan subsumíbeis nunha de orde superior non as priva da súa relación de incompatibilidade. Autores como Pérez-Agote reforzan esta opinión, ao sinalar a posibilidade da existencia de varias identidades nacionais superpostas:
“Una identidad colectiva puede estar en relación de alteridad con otra, siendo en principio incompatible con ella, pero pudiendo en ciertas situaciones darse una cierta subsunción de ambas en una identidad colectiva común de orden superior que implica el paso a la latencia de las dos identidades colectivas en relación de alteridad y la puesta en funcionamiento de otra identidad colectiva de superior orden que subsume a las dos primeras” (Pérez Agote, Alfonso: Modelo fenomenológico-genético para el análisis comparativo de la dimensión...; 311).
Porén, o certo é que aínda non podemos falar dunha sociedade civil europea. Os pais da Europa unida, como Jean Monnet, profetizábana e crían que a integración económica, cun mecanismo case automático, produciría novas alianzas transnacionais entre grupos subnacionais, de clase, e de presión sectorial e profesional, e que estas alianzas fortalecerían aínda máis a integración, que xa non só sería económica, senón política e social. Este proceso non foi tan automático como os europeístas dos anos cincuenta pensaban, e o propio Jean Monnet, anos despois da creación da CEE, afirmou “si c’etait à refaire, je commençarais par la culture”. Daquela, ¿poderemos falar algún día da “nación europea” ou dunha caste de sentimento identitario pan-europeo? Alguén dixo unha vez que somos o que soñamos e a constitución dunha identidade colectiva europea leva sendo perseguida por moitos homes e mulleres dende hai décadas. Por exemplo, Dankwart Rustow afirmaba xa en 1968:
“Since World War II, common European loyalties have begun to compete with the national allegiances of the past, and to that extent the European countries are losing their character as nations: if the process should continue, our descendants may one day be able to speak of a European Nation” (en Connor, 1993: 353).
Do mesmo xeito, outros autores, como Tiryakian, coinciden en augurar hoxendía o éxito do proceso de nation-building europeo:
“One may view the next half-century as the restructuration of collective national identity in Europe. In an unguarded moment of optimism, I think that one scenario for the year 2050 may be that an integrated European economic system framed by a political confederation that would allow for both an enlarged pan-European identity based on political rights and regional-cultural identity” (Tiryakian, 1993: 342)
De novo, ¿poderemos falar algún día dunha nación europea? E outra vez: somos o que soñamos ser. A nosa xeración vai ter a responsabilidade de construír política e socialmente a Unión, o maior espazo de liberdade, xustiza e solidariedade do mundo. Un lugar para sermos cidadáns europeos.
[i] Xa en 1984 o Parlamento Europeo pronunciouse a favor de relacións directas entre a CEE e as súas rexións. A Carta Comunitaria de Rexionalización de 1988 invitaba aos Estados a dotarse dunha estrutura rexionalizada foi interpretada como un documento federalizante. Porén, nunca foi votada polo pleno.
[ii] Habermas afirma que o actual estadio da globalización debe ser entendido como proceso, non como estado final. Ao seu xuízo hoxendía a súa principal característica consiste en difundir por todo o mundo os produtos estandarizados por unha cultura de masas fortemente influenciada polos Estados Unidos (Habermas, 2000:101).
[iii] Stuart Mill afirmaba que “Hai que repetir, unha vez máis, que unha sociedade que queira ser feliz debe coidar con máis esmero a liberdade que a orde porque un Estado que empequenece aos seus cidadáns acaba comprobando que con homes pequenos non cabe facer grandes empresas”.
GAYS and MEDIA
UAB's Portal de la Comunicación (http://www.portalcomunicacion.com/) offers a special report on this topic:
1. On-line articles on the reflection of gays in media:
Jordi Petit"De Alfredo Landa a Jesús Vázquez"
Marcus Antônio Assis Lima"Homosexualidad y medios: la batalla está empezando"
ANDERSON, Peter B.; FAKHFAKH, Akram; KONDYLIS, Mary Alice: "Attitudes Toward The Media's Portrayals of Gays and Lesbians". Electronic Journal of Human Sexuality, Volumen 2. Julio, 1999.
ASSIS LIMA, Marcus Antônio: "Breve histórico da imprensa homossexual no Brasil”. Biblioteca On-line de Ciências da Comunicação. 2001.
ASSIS LIMA, Marcus Antônio: "Fictionalization in the Homoerotic Discourse: Some Tracks for the Understanding of the Construction of the Identity". IAMCR Porto Alegre, 2004.
ASSIS LIMA, Marcus Antônio: "Media y memoria: construyendo una subjetividad gay". 23 Conferencia AIERI "Comunicación intercultural" - Barcelona 2002.
GÓMEZ, Ramón: "Homosexualidad y medios: viejos y nuevos elementos discriminatorios"
HERNÁNDEZ DE VELASCO, Irene: "Homosexualidad y medios de comunicacion". Fundación Triangulo.
NYLUND, David: "De Paseo por Roma: Homofobia, Heterosexismo y Charlas Deportivas en la Radio". Glaad Center for the Study of Media and Society. Noviembre, 2001.
ROQUE RAMÍREZ, Horacio N.: "El Idioma de (In)Visibilidad: Las Imágenes LGBT Latinas en las Noticias de Televisión y Prensa Impresa en Español". Glaad Center for the Study of Media and Society. Noviembre, 2003.
STREITMATTER, Rodger: "How Youth Media Can Help Combat Homophobia Among American Teenagers". Glaad Center for the Study of Media and Society. Enero, 2003.
2. On-line artcles on the relation between gays and mass-media:
COHEN, Lucy: "Redes Gay de TV a conquistar las masas".Video Age Latin. Enero, 2005.
GÓMEZ CRUZ, Edgar: "Género y Sexualidad en las Comunidades Virtuales". III Bienal de Comunicación, Puebla (México). Noviembre, 2001. Cibersociedad.
MARGARITA ANDERSSON, Yvonne: "Queer Media? Or What has queer theory to do with media studies?". 23 Conferencia AIERI "Comunicación intercultural" - Barcelona 2002
MARTÍ, Josep; VILLANUEVA, Javier: "Zero: Creación de un nuevo target publicitario". Jornades de Foment de la Investigació. Univeristat Jaume I.
SENDER, Katherine: "Business Not Politics: Gays, Lesbians, Bisexuals, Transgender People and the Consumer Sphere". Glaad Center for the Study of Media and Society.
3. Some texts:
"En EEUU crece el gasto en publicidad gay debido a cambios sociales". SantiagoGay.
"Internet, el cine, la radio y los suplementos son los medios más consumidos por el colectivo gay masculino". Noticiasdot.com
"Internet y el cine son los medios preferidos por el colectivo homosexual español". Noticiasdot.com
"La Comunidad LGBT América Latina en los Medios". Glaad.org
"La TV Rosa invade EEUU". Ciudad Internet.
"Los Medios en español. Cobertura de temas LGBT en la televisión". Glaad.org
"Los medios y la homosexualidad". SantiagoGay.
"Nace 'Pink TV', primera cadena temática en Francia para gays". IBLNews. Octubre, 2004.
4. Another links:
Amnistía Internacional. Documentos > Orientación sexual
Gay & Lesbian Alliance Against Defamation (GLAAD)
Gay, Lesbian, Bisexual, Transgender: Full Text Papers and Reports
GLAAD Media Reference Guide, 6th Edition
ILGA - International Lesbian and Gay Association
22.6.05
JOURNAL OF COMMUNICATION: June 2005; Vol. 55, No. 2
Articles-----------------------------------------------------------------
Judge Nonverbal Communication on Trial: Do Mock Trial Jurors Notice? Ann Burnett and Diane M. Badzinski J Commun 2005 55: 209-224. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/55/2/209?etoc
Jayson Blair, The New York Times, and Paradigm Repair Elizabeth Blanks Hindman J Commun 2005 55: 225-241. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/55/2/225?etoc
Third-Person Effects and the Environment: Social Distance, Social Desirability, and Presumed Behavior Jakob D. Jensen and Ryan J. Hurley J Commun 2005 55: 242-256. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/55/2/242?etoc
Communication in a Fund-Raising Marathon Group Michael W. Kramer J Commun 2005 55: 257-276. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/55/2/257?etoc
Understanding Third-Person Perception Processes: Predicting Perceived Impact on Self and Others for Multiple Expressive Contexts Jennifer L. Lambe and Douglas M. McLeod J Commun 2005 55: 277-291. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/55/2/277?etoc
Third-Person Effect and Internet Pornography: The Influence of Collectivism and Internet Self-Efficacy Byoungkwan Lee and Ron Tamborini J Commun 2005 55: 292-310. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/55/2/292?etoc
War or Peace Journalism? Asian Newspaper Coverage of Conflicts Seow Ting Lee and Crispin C. Maslog J Commun 2005 55: 311-329. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/55/2/311?etoc
Quoted Out of Context: Contextomy and Its Consequences Matthew S. McGlone J Commun 2005 55: 330-346. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/55/2/330?etoc
Agenda Building, Agenda Setting, Priming, Individual Voting Intentions, and the Aggregate Results: An Analysis of Four Israeli Elections Tamir Sheafer and Gabriel Weimann J Commun 2005 55: 347-365. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/55/2/347?etoc
Beneath the Veneer of Fragmentation: Television Audience Polarization in a Multichannel World James G. Webster J Commun 2005 55: 366-382. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/55/2/366?etoc
The Optimal Form: Inadequacies and Excessiveness Within the Asiallinen [Matter of Fact] Nonverbal Style in Public and Civic Settings in Finland Richard Wilkins J Commun 2005 55: 383-401. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/55/2/383?etoc
----------Review and Criticism----------------------------------------------------------------- Gender, Race, and Class in Media: A Text-Reader (2nd ed.): Edited by Gail Dines & Jean M. Humez. Thousand Oaks, CA: Sage, 2003. xvi + 776 pp. $100.00 (hard), $54.95 (soft). Bill Yousman J Commun 2005 55: 403-404. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/reprint/55/2/403?etoc
Cyberactivism: Online Activism in Theory and Practice: Edited by Martha McCaughey & Michael D. Ayers. New York: Routledge, 2003. 310 pp. $21.95 (soft). Kirsten A. Foot J Commun 2005 55: 404-406. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/reprint/55/2/404?etoc
Contesting Identities: Sports in American Film: By Aaron Baker. Urbana: University of Illinois Press, 2003. x + 162 pp. $32.50 (hard). Kurt Lindemann J Commun 2005 55: 406-408. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/reprint/55/2/406?etoc
The Persuasion Handbook: Developments in Theory and Practice: Edited by James Price Dillard & Michael Pfau. Thousand Oaks, CA: Sage, 2002. 871 pp. $135.00 (hard). Pablo Brinol J Commun 2005 55: 408-410. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/reprint/55/2/408?etoc
Collective Behavior and Public Opinion: Rapid Shifts in Opinion and Communication: By Jaap van Ginneken. Mahwah, NJ: Erlbaum, 2003. xv + 301 pp. $69.95 (hard), $34.50 (discounted). Shelton A. Gunaratne J Commun 2005 55: 410-412. http://joc.oxfordjournals.org/cgi/reprint/55/2/410?etoc
14.6.05
Gonzalo Cortizo deixa de ser dircom de Trujillo
Explica esta web que o ex xornalista da Ser chegou desde Santiago de Compostela a Madrid para mellorar a imaxe do Ministerio da Vivenda, pero non logrou acadar os obxetivos marcados. Indica ademáis El Confidencial.com que é xa o segundo xefe de prensa que ten María Antonia Trujillo.
LA CAPITAL prepara un novo xornal en... VIGO!
Por outra banda, parece case descartado o proxecto de La Capital de sacar á rúa o seu "Diario del Barbanza", do que se falaba hai uns meses.
Mark Felt AKA "Deep Throat"
Saladeprensa.org publica un especial sobre Deep Throat:
Los motivos secretos de Mark Felt El precio de un misterio El texto de Vanity Fair La versión de Woodward ¿Reportero y espía?
Ademais doutros contidos:
Setting the Agenda: The Mass Media and Public Opinion(Polity Press. Cambridge, England 2004. 184 pp.)
Hábitos profesionales delos periodistas latinoamericanosOscar Ordóñez A.
Newsweek: Noticias que matan(o cuando una disculpa no basta)
Press freedom in the U.S.: A national surveyof journalists and the American publicKen Dautrich, Chris Barnes
9.6.05
Programa Encontro:
“A comunicación no seu tempo”
Sección de Comunicación. Consello da Cultura Galega
Xoves 30 de xuño e venres 1 de xullo de 2005
A interdisciplinariedade e triangulación metodolóxica confírmanse como os grandes retos actuais para a investigación en historia da comunicación. As perspectivas histórica, profesional, lingüística, económica e social deben articularse en aras a obter unha visión holística dos fenómenos comunicativos. Ao igual que a pluralidade de olladas nas teorías e nas metodoloxías é determinante a pluralidade nos ámbitos de estudo. A posta en relación dos fenómenos locais con fenómenos producidos noutros espazos permite explicar dunha maneira global tódolos chanzos que asentan o avance na historia da comunicación. Por esta razón, a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, no seu afán por poñer piares na historia da noso xornalismo, preséntalles este encontro que realizará con historiadores da comunicación e da cultura que traballaron na recuperación da memoria nos distintos soportes comunicativos. O obxecto de estudo céntrase no intercambio de opinións e liñas de traballo sobre a investigación de comunicación e un diálogo fluído con outros investigadores que avanzaron considerablemente neste proceso. O encontro “A comunicación no seu tempo” contará con representantes de diversos espazos xeográficos e disciplinas (histórica, lingüística, comunicativa) co obxectivo final de favorecer o intercambio de experiencias investigadoras e de aplicacións metodolóxicas.
FICHA INSCRICIÓN:
As persoas interesadas no encontro poderán anotarse xa no encontro no correo comunicacion@consellodacultura.org ou ben no teléfono 981 957227. A inscrición é gratuíta.
Programa encontro: “A comunicación no seu tempo”
Coordinadores: Xosé López, Rosa Aneiros e Marcos Pérez
XOVES Día 30 de xuño
10. Inauguración
10,15.- Os mitos da comunicación e a cultura: O estabelecemento dos marcos teóricos para o estudo da comunicación. Miguel De Aguilera Moyano
11,15. Descanso
11,30. Apuntes metodolóxicos. Jaume Guillamet/J.L. Gómez Mompart
13. Fin da sesión
16,30.-Desafíos da investigación en comunicación e cultura. Manuel Parés Maicas
18. Descanso
18,15.Os soportes ao longo do tempo e a súa investigación
-Armand Balsebre (radio), Manuel Palacio (Tv), Javier Díaz Noci (Internet) e Miquel Rodrigo Alsina (papel)
20. Fin da sesión
VENRES. 1 de xullo
10-Iniciativas para recuperar a historia da comunicación en Galicia. Xusto Beramendi/ Victor Fernández Freixanes e Marcos Valcárcel
11,15. Descanso
11,30.-Perspectivas para a Comunicación e a cultura no seu tempo. Núria Simelio/ Amparo Moreno /Timoteo Alvarez
12.45.- Propostas para avanzar na investigación en cultura e comunicación. Antonio Checa/ Rosa Aneiros.
14.00 Almorzo
16,30.- Os avances na recuperación da memoria comunicativa dende diferentes ámbitos de estudo. Fortalezas e debilidades
-Josep M. Figueres
-Javier Fernández Sebastián
-Alberto Pena
-María Cruz Seoane
18.00. Fin da sesión