9.6.05


Posted by Hello

Programa Encontro:
“A comunicación no seu tempo”
Sección de Comunicación. Consello da Cultura Galega
Xoves 30 de xuño e venres 1 de xullo de 2005


A interdisciplinariedade e triangulación metodolóxica confírmanse como os grandes retos actuais para a investigación en historia da comunicación. As perspectivas histórica, profesional, lingüística, económica e social deben articularse en aras a obter unha visión holística dos fenómenos comunicativos. Ao igual que a pluralidade de olladas nas teorías e nas metodoloxías é determinante a pluralidade nos ámbitos de estudo. A posta en relación dos fenómenos locais con fenómenos producidos noutros espazos permite explicar dunha maneira global tódolos chanzos que asentan o avance na historia da comunicación. Por esta razón, a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, no seu afán por poñer piares na historia da noso xornalismo, preséntalles este encontro que realizará con historiadores da comunicación e da cultura que traballaron na recuperación da memoria nos distintos soportes comunicativos. O obxecto de estudo céntrase no intercambio de opinións e liñas de traballo sobre a investigación de comunicación e un diálogo fluído con outros investigadores que avanzaron considerablemente neste proceso. O encontro “A comunicación no seu tempo” contará con representantes de diversos espazos xeográficos e disciplinas (histórica, lingüística, comunicativa) co obxectivo final de favorecer o intercambio de experiencias investigadoras e de aplicacións metodolóxicas.

FICHA INSCRICIÓN:
As persoas interesadas no encontro poderán anotarse xa no encontro no correo comunicacion@consellodacultura.org ou ben no teléfono 981 957227. A inscrición é gratuíta.


Programa encontro: “A comunicación no seu tempo”

Coordinadores: Xosé López, Rosa Aneiros e Marcos Pérez

XOVES Día 30 de xuño

10. Inauguración

10,15.- Os mitos da comunicación e a cultura: O estabelecemento dos marcos teóricos para o estudo da comunicación. Miguel De Aguilera Moyano
11,15. Descanso
11,30. Apuntes metodolóxicos. Jaume Guillamet/J.L. Gómez Mompart
13. Fin da sesión

16,30.-Desafíos da investigación en comunicación e cultura. Manuel Parés Maicas
18. Descanso
18,15.Os soportes ao longo do tempo e a súa investigación
-Armand Balsebre (radio), Manuel Palacio (Tv), Javier Díaz Noci (Internet) e Miquel Rodrigo Alsina (papel)
20. Fin da sesión

VENRES. 1 de xullo

10-Iniciativas para recuperar a historia da comunicación en Galicia. Xusto Beramendi/ Victor Fernández Freixanes e Marcos Valcárcel
11,15. Descanso
11,30.-Perspectivas para a Comunicación e a cultura no seu tempo. Núria Simelio/ Amparo Moreno /Timoteo Alvarez
12.45.- Propostas para avanzar na investigación en cultura e comunicación. Antonio Checa/ Rosa Aneiros.
14.00 Almorzo

16,30.- Os avances na recuperación da memoria comunicativa dende diferentes ámbitos de estudo. Fortalezas e debilidades
-Josep M. Figueres
-Javier Fernández Sebastián
-Alberto Pena
-María Cruz Seoane
18.00. Fin da sesión

No comments: