A editorial La Capital prepara o lanzamento nos próximos meses dun xornal para a área metropolitana de Vigo, segundo confirmou Juan Ramón Díaz, director xeral de El Ideal Gallego. O xornal (Diario de Vigo??), que terá como grandes competidores a Faro, La Voz e, quen sabe se ao Atlántico, asumirá segundo Díaz unha liña puramente "localista", nos termos en que cabeceiras como El Ideal Gallego asumen este concepto. ¿Terá este experimento mellores resultados que o xa lonxevo fracaso do Atlántico Diario? Lembremos que este intento de La Región de desembarcar na primeira cidade de Galicia non estaba mal plantexado en termos de oportunidade empresarial: a idea era sacar un xornal á esquerda do Faro, nun momento (1990) no que a cabeceira viguesa, aínda de propiedade familiar, estaba moi escorada cara a posicións conservadoras. Porén, semanas antes do lanzamento do AD, o Faro foi vendido ao grupo Moll, próximo ao Partido Socialista, quen lle deu ao decano da presna española unha orientación máis progresista (aínda que, como todos sabemos, cambiante coma o vento).
Por outra banda, parece case descartado o proxecto de La Capital de sacar á rúa o seu "Diario del Barbanza", do que se falaba hai uns meses.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment