Para os que durante moito tempo disfrutamos escoitando, algunha mañá que outra, a Giménez Losantos dicir barbaridades (unha atracción morbosa como calquera outra, p. ex. as snuff movies), pensando que este tipo de discurso non supuña perigo ningún, os acontecementos das últimas semanas deberían facer que nos puxesemos alerta. As agresións a Carrillo, Juliá, Mª Antonia Iglesias, o crecente ambiente xenófobo e o cada vez maior revisionismo histórico baseado na reivindicación nostálxica da ditadura non son unha anécdota, son unha tendencia, unha marea de fondo que crece día a día. O PP áchase situado nun espazo político que noutros países linda coa extrema dereita do FN francés, o CDS-PP portugués ou as AN e LN en Italia. Por suposto que non todo o PP é así, pero unha minoría extremista, alimentada por unha serie de medios de comunicación (La Razón, Cope, ABC, Popular TV) está escorando á dereita española a lugares que había décadas (tempos da CD de Fraga, Areilza e Silva) non pisaba. Unha marea que outros medios conservadores máis razonables (El Mundo, A3) están advertindo tamén, endurecendo a súa liña editorial para non verse desborados pola súa dereita. España necesita un PP forte, coherente e constitucional, do mesmo xeito que uns medios de comunicación conservadores liberais. A saída á rúa do novo gratuíto vespertino (canto tempo sen un vespertino!) AHORA é un novo paso nunha dirección errada e perigosa. 200.000 exemplares cada día, no metro, nas farmacias, nos hoteis, reproducindo e creando uns frames cuxo obxectivo non se adiviña, pero se presume. Moito ollo: España vai ben, pero cando chegue unha nova contracción da economía (e chegará máis cedo ou máis tarde) veremos con moita frecuencia episodios coma os da librería Crisol ou os de El Ejido. A ultradereita regresa AHORA.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment