Víctor Pérez Alvariño sustitúe a Valentín Tato como director de RNE en Santiago
Víctor Pérez Alvariño tomou hoxe posesión como novo director de RNE en Santiago, cargo no que sustitúe a Valentín Tato Sánchez.
O novo director de Radio Nacional en Santiago, Víctor Pérez Alvariño, naceu en Lugo no ano 1962. É licenciado en Ciencias da Información (Xornalismo) pola Universidade Complutense de Madrid e en Filosofía pola Universidade de Barcelona. En Galicia traballou na posta en marcha da Televisión de Galicia (1985), en Radio Nacional de España (1989) ademáis de facer colaboracións no desaparecido Diario de Galicia. En Madrid traballou no semanario Cambio 16 (1984/85) e no diario El País (1983 e 1989/90). Incorporóuse por oposición á redacción de Telediarios de TVE en Madrid en 1990 onde desempregou as súas funcións na sección de Laboral. Posteriormente trasladouse as Illas Canarias onde na redacción de TVE foi editor dos servicios informativos. Desde Novembro de 2004 traballa como redactor na see de RNE na Coruña.
As diferencias entre a directora de RNE-Galicia, Celia Díaz e o director de RNE-Santiago, Valentín Tato, acabaron co cese do segundo. Detrás desta operación agochase un profundo enfrontamento persoal e político entre ambos os dous xornalistas, con distintas concepcións do socialismo.
Valentín Tato é un histórico sindicalista, liberado sindical de UGT durante moitos anos na TVE. Celia Díaz, amiga persoal de José Blanco, procede da CRTVG.
Cóntannos que entre os dous non houbo 'feeling' dende o primeiro momento, xa que ademáis das diferencias persoais, se xuntaron as políticas. Ambos os dous conciben o socialismo de xeito distinto. Os enfrontamentos persoais derivaron, finalmente, no cese de Tato, quen podería acabar novamente na TVE.
A ruptura entre Tato e Díaz dividiu a redacción de RNE en dous bandos, aínda que hoxe mesmo, Ricardo Sandoval, en nome dos traballadores de RNE e en calidade de representante sindical da plantilla desta emisora, asina un comunicado no que se afirma que os traballadores desta radio amosan o seu apoio a Tato e o seu "máis profundo desacordo" co seu cese.
"Os traballadores valoramos a súa capacidade de traballo, os seus esforzos por crear equipo e a defensa do persoal da plantilla en numerosas ocasións", di o escrito.
Isto é o que se comenta pola rede:
se a este o puxeron os mesmos que agora o cesan, será por algo, non? que traballadores o valoran moito? os da renault de cuspedriños ou as mariscadoras de ningures? en tve galicia, os traballadores creo que non lle teñen moito aprecio porque andou a colocarse el, como adoitan facer a maioría dos sindicalistas de longa estirpe. os postos de libre designación, son así, agora te poñen, agora te quitan. ai que roelo tatiño. agarda a que volvan gaña-los do pp para vivir ben, porque ó mellor agora tes que traballar, e sendo sindicalista non estarás afeito, claro. vivan os que traballan, aínda que sexan sindicalistas, que algun hai traballador, e os ben mantidos á durmila mentras se poida que cando vos teñades que poñer as pilas non ides saber como (besta)
É admirábel o apoio que receben as vacas sagradas do sindicalismo nos meios de comunicación dos proprios compañeiros que son traizoados. Valentín non sabe nin o que defende, moitas veces non sabe nin o que ten diante dos seus narices. Dubido de que teña capacidade para ter unha concepción de algo, sexa do socialismo ou do encaixe de bolillos. Así que non me creo o que contades nesta nota claramente tendenciosa. En todo caso, sempre me alegro do fracaso de quen o merece. Noraboa a Radio Nacional (txuki)
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment