31.5.05
Guerra aberta entre La Voz e o PsdeG
Os roces que mantiñan La Voz de Galicia e o PsdeG convertéronse nunha guerra aberta. Tras a publicación, por parte de El País, das subvencións que cobran os medios galegos, este xornal prometeu venganza. Culpan directamente a Pepe Blanco de ser o inductor desta nova. A primeira medida que tomaron foi a de tentar ocultar “o máis posible” ao candidato socialista. A segunda verémola durante a Campaña. A dirección encargou a xornalistas de confianza, os que se encargan da sección do Plan Galicia (directamente supervisada por Bieito Rubido), cubrir a campaña electoral. O coordinador desta sección, Lois Blanco, pola contra, foi destinado á delegación de Vigo.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment