31.5.05

SONDAXES: ARMA ELECTORAL

En el PSOE han saltado las alarmas. Pese a la lluvia de ministros que en las últimas fechas ha caído sobre Galicia, las encuestas señalan un estancamiento en el voto afín. Es más, el BNG está repuntando y el PP sigue creciendo en intención de voto. Así las cosas, creen que tan sólo el presidente Zapatero puede obrar el milagro, aunque visto lo que acontece en la España de los Moratinos, Maragales, Carodes y demás familia, les surge la duda. Y es que han vendido la piel del "león" (de Vilalba) antes de cazarlo (Galicia Diario)
-------------------
El coordinador de campaña del PPdeG, Xosé Crespo, ha dado a conocer los últimos datos que manejan los populares. A día de hoy, el PP ha consolidado el diputado 38, que da la mayoría absoluta. El Partido Popular, desde hace ocho días, realiza cada dos jornadas un muestreo que mantiene una tendencia continuada al alza. De hecho, en las últimas dos semanas han pasado de los 36 escaños consolidados a los 38 actuales. Si se mantiene el nivel de crecimiento alcanzarían los 40 diputados. Estos son los datos y los objetivos del PP para los comicios del próximo 19-J (Galicia Diario)
-------------------
PP y PSOE filtran noticias de encuestas donde salen ganadores del 19-J (Xornal.com)
-------------------
Por otra parte, fuentes del PSOE aseguraron a Xornal.com que, según sus datos, el PP no alcanzará la mayoría absoluta. En el entorno de José Blanco, secretario de Organización del PSOE, se da por seguro que Emilio Pérez Touriño será presidente con el nacionalista Anxo Quintana de vicepresidente. En el BNG actúan con más cautela, si bien filtraron noticias a Xornal.com de encuestas y otros análisis electorales que le dan al menos 17 escaños. (Xornal.com)
-------------------
Os últimos sondeos amosan un certo crecemento do BNG
O partido de
Anxo Quintana recupera un pouco de terreo na intención de voto hata situarse nos niveis dos comicios de 2001 ou incluso por enriba deses resultados., segundo os sondeos que circulan pola rede.
(viernes 27 de mayo de 2005)
XORNAL I A Coruña.- As últimas enquisas que pululan por Internet falan dunha recuperación do
BNG respecto a anteriores sondeos, dunha consolidación á baixa do crecemento do PSOE e do estancamento do PP, que non perde a perspectiva da maioría absoluta, ainda que non está preto. Na rede conta Ivan Camba que Sondaxe está realizando unha nova enquisa, que será publicada por La Voz de Galicia nas vindeiras semanas, e que presenta uns resultados na seguinte liña: PP: 35-36 PSOE: 21-22 BNG: 17-19 Nestes resultados apréciase a lixeira subida do BNG, sobre todo a costa dos indecisos e abstencionistas, e cunha lixeira recuperación de antiguos votantes que tiñan intención de votar nesta ocasión ó PSOE. Este último partido consolídase como a forza política que máis crece, inda que perde certos apoios, na mentres o PP mantense a tiro da maioría absoluta, ainda que algo máis lonxe. Con todo, advirte Iván Camba que os traballos aínda continuarán uns días, e non se descartan accións de "cociña" que melloren os resutlados do PP.

-------------------

Estas son algunhas das informacións publicadas nos últimos días informando dos resultados de sondaxes que supostamente se farán públicas moi proximamente. Pero non debemos esquecer que as enquisas son, sobre todo, un instrumento de creación de opinión pública, unha arma electoral que busca aproveitar os mecanismos de espiral de silencio e mobilizar ou desmobilizar o voto.
En palabras de McLeod e Hertog, con todo, a opinión pública funciona, sobre todo, como un mecanismo inmobilizador das opinións alternativas ao sistema: “Rather than curbing a regime, ‘public opinion’ as a symbol enlarges official discretion by immobilizing potential opposition” (McLeod e Hertog, 1992:260). Isto cuestiona a lexitimidade do grupo de protesta e contribúe ao medo ao illamento dos membros do grupo e dos posíbeis adherentes[1]. O proceso da espiral de silencio consiste en que nun intre determinado unha posición sobre un asunto é percibida pola sociedade como maioritaria, o que leva aos seus partidarios a manifestar publicamente as súas opinións e aos seus detractores a manter silencio, evitando dar a súa opinión, até que, nun proceso de espiral, un punto de vista chega a dominar a escena pública, mentres que o outro desaparece da conciencia pública ao enmudecer os seus partidarios. Até o coñecido estudo de Noelle Neuman, o efecto do carro gañador (bandwagon effect) adoitaba explicarse aludindo á vontade xeral de pertencer ao bando gañador. Mais a investigadora alemá indicou que detrás desta actitude estaba o desexo de evitar o illamento social, o medo ao illamento. Noelle Neuman é radical na súa afirmación e defende que “la mayor parte de las personas se unirán al punto de vista más aceptado aún cuando estén seguros de su falsedad” (Noelle Neumann, 1995:60). Asemade, a alemá indicou que o cambio de actitude non se producía sempre na dirección da opinión maioritaria na sociedade, senón en favor da opinión maioritaria do grupo ao que se pertence (xuventude, terceira idade, entorno de traballo...)[2]. Outros autores sosteñen unha opinión moi semellante. Para Joslyn e Haider-Markel, a opinión persoal e a percepción da opinión colectiva teñen fontes diferentes: “We tentatively conclude that there are separate sources of influence for personal opinion and perception of public opinion” (Joslyn e Haider-Markel, 2002:702). En consecuencia, estes autores conclúen que: “personal opinions and perceived collective opinions may be correlated but the ties are modest and sometimes absent” (Joslyn e Haider-Markel, 2002:693). A investigadora alemá destaca tres condicionantes sociais que están presentes en todos os individuos e que determinan a súa forma de actuar: a capacidade humana de percibir o crecemento ou o debilitamento das opinións públicas; as reaccións ante esta percepción, que impulsan a falar máis confiadamente ou a calar; e o temor ao illamento, que fai que a meirande parte da xente tenda a se someter á opinión allea (Noelle Neumann, 1995:211). A sociedade ameaza aos individuos desviados co illamento, dado que os individuos experimentan un continuo medo ao illamento; este medo fai que os individuos intenten avaliar continuamente o clima de opinión, e os resultados desta avaliación inflúen no comportamento social do individuo, especialmente na expresión ou o ocultamento das súas opinións. Iso sucede cando nunha sociedade unha opinión é percibida como claramente maioritaria, pero a situación é moi distinta cando se confrontan dúas opinións de fortaleza semellante. A socioloxía norteamericana ten introducido o termo ignorancia pluralista (pluralistic ignorance), que pode definirse como ignorancia de como pensa a xente. Ten lugar cando unha sociedade está polarizada, partida en dúas metades con opinións totalmente opostas, de xeito que os individuos dun e doutro grupo rara vez discuten os seus puntos de vista cos do grupo contrario, polo que acaban tendo unha visión moi deformada de cal é a opinión predominante na sociedade, sobrevalorando á do seu grupo[3]. É o que se denomina unha “percepción especular” (looking glass perception). Varios autores teñen demostrado que os individuos perciben as posicións de varios grupos políticos a través da lente do seu compromiso co seu propio grupo, “In general, the proclivity to identify with a specific group, and the extremity of the attachment, serves to sharpen individuals’ perception of cleavages among groups” (Berelson, Lazarsfeld e McPhee, 1954).
[1] McLeod e Hertog salientan por iso a importancia da creación de medios alternativos: “The alternative media coverage may reduce the fear of isolation not only by creating a sense of community and by increasing the body of knowledge shared by the group” (McLeod e Hertog, 1992:272).
[2] Autores como Tyler e Cook suxiren que cando a información proporcionada polos medios é especialmente convincente, a opinión persoal así coma as percepcións da opinión dominante en toda a sociedade poden ser afectadas (Tyler e Cook, 1984). Con todo, estes mesmos autores opinan, na denominada impersonal-impact hypothesis que a información que impacta as percepcións de como pensa a sociedade “will not necessarily affect individual opinions and beliefs”.
[3] Noelle Neuman detectou noutras ocasións o que denominou un “clima dobre de opinión”, que se produciría naquelas ocasións nas que a sociedade e os xornalistas mantivesen unhas convicións políticas moi diferentes, o que os levaría a interpretar a realidade de distinta maneira.

3 comments:

Anonymous said...

Nice site!
[url=http://xhcdxytz.com/zmzy/jmom.html]My homepage[/url] | [url=http://frscmlsp.com/tfao/xmey.html]Cool site[/url]

Anonymous said...

Nice site!
My homepage | Please visit

Anonymous said...

Well done!
http://xhcdxytz.com/zmzy/jmom.html | http://tqdufvuq.com/wyhl/lmnq.html