31.1.06

Os consellos audiovisuais e a defensa do dereito á información (e VIII)

Conclusións:

A polémica aberta nos últimos meses en España en referencia á posíbel creación dun Consello Estatal do Audiovisual e á actividade do CAC catalán parte en moitas ocasións do descoñecemento da realidade e da confusión de conceptos. En primeiro lugar, aqueles que se opoñen á creación de organismos autónomos de regulación (que, curiosamente, son os mesmos que critican o proxecto do Estatuto Profesional do Xornalista) afirman que este tipo de institucións non teñen equivalentes noutros países, cando son moi escasos os Estados desenvolvidos (en Europa, tan só Luxemburgo) que non contan co seu respectivo consello do audiovisual. Afirman tamén que estes organismos reguladores afianzan a capacidade dos Gobernos para controlar os medios de comunicación, cando se trata precisamente do contrario: nos lugares nos que se crean estas institucións o poder executivo perde as atribucións que previamente tiña para conceder e suspender emisoras de radio e canles de televisión, que pasan a estar reguladas por un organismo autónomo, designado polo poder lexislativo. Estes críticos afirman tamén que os poderes públicos non teñen dereito a regular as canles privadas de televisión e radio, mais esquecen que estas canles operan a través de licencias concedidas polos Estados en virtude duns criterios obxectivos que doutro xeito ficarían baleiros de senso. Denuncian asemade que o Estado pretenden vixiar que os medios difundan información verdadeira, confundindo información verdadeira e veraz, termo recollido na Constitución de 1978 e que alude (segundo a xurisprudencia creada polo Tribunal Constitucional) aos procedementos metodolóxicos e deontolóxicos empregados polos xornalistas. Nesta campaña de confusión, guiada a partes iguais polo interese empresarial e pola ignorancia, dende a prensa máis conservadora de Madrid chegouse a solicitar que o CAC sancionase a Avui pola publicación dun artigo de opinión, o que reflicte o descoñecemento existente na maior parte dos artilleiros da campaña mediática iniciada contra o CAC das competencias deste organismo, que unicamente atinxen aos medios audiovisuais.

A orixe desta campaña radica en que en España, o ámbito informativo e de comunicación naceu desde a desregulamentación, o que levou a unha situación precaria en canto á protección do dereito á información dos cidadáns. Así pois, aos grupos mediáticos interésalles o mantemento desta situación, da que se benefician economicamente, e interpretan calquera decisión dos poderes públicos tendente a regular o sector audiovisual como un ataque á súa liberdade, pero non un ataque á súa liberdade de empresa (que debe ser equilibrada e contrapesada para garantir o dereito á información e outros dereitos constitucionais), senón como un ataque á liberdade de información garantida pola Constitución, e da que os medios de comunicación son administradores.Observando os abundantes exemplos existentes en toda Europa, semella cada vez máis urxente a creación dun Consello Audiovisual Estatal e dun Consello Audiovisual de Galicia, organismos previstos nos programas electorais de PSOE, BNG e PP (nas eleccións xerais do ano 2004). Sobre todo, tendo en conta que nos vindeiros meses deberán resolverse no noso país varios concursos de asignación de frecuencias dixitais de emisión, tanto de televisión coma de radio. Os que se opoñen á creación destes órganos deberían explicar por que lles parece mellor que estas licencias sexan concedidas directamente polo poder executivo. A necesidade da creación destes organismos é clara, e non debería ser ese o debate. O debate debería centrarse na mellor forma de asegurar a independencia destes consellos do audiovisual, que deberían mirar cara aos Landesmedienanstalten alemáns ou cara ao Consejo del Audiovisual de Andalucía, nos que todos os seus membros (incluído o presidente) son elixidos polo Parlamento, en Andalucía concretamente por unha maioría cualificada de 3/5 dos seus deputados.

3 comments:

Anonymous said...

Hi !.
You may , perhaps curious to know how one can collect a huge starting capital .
There is no initial capital needed You may begin to receive yields with as small sum of money as 20-100 dollars.

AimTrust is what you need
AimTrust incorporates an offshore structure with advanced asset management technologies in production and delivery of pipes for oil and gas.

It is based in Panama with offices everywhere: In USA, Canada, Cyprus.
Do you want to become really rich in short time?
That`s your chance That`s what you really need!

I feel good, I started to get real money with the help of this company,
and I invite you to do the same. If it gets down to select a correct partner who uses your funds in a right way - that`s the AimTrust!.
I earn US$2,000 per day, and what I started with was a funny sum of 500 bucks!
It`s easy to join , just click this link http://ajimowuqag.100megsfree5.com/jiwinu.html
and lucky you`re! Let`s take this option together to feel the smell of real money

Anonymous said...

Hello !.
You may , probably curious to know how one can manage to receive high yields .
There is no need to invest much at first. You may commense to get income with as small sum of money as 20-100 dollars.

AimTrust is what you need
AimTrust incorporates an offshore structure with advanced asset management technologies in production and delivery of pipes for oil and gas.

Its head office is in Panama with offices everywhere: In USA, Canada, Cyprus.
Do you want to become really rich in short time?
That`s your choice That`s what you wish in the long run!

I feel good, I started to take up real money with the help of this company,
and I invite you to do the same. It`s all about how to choose a proper companion who uses your savings in a right way - that`s it!.
I take now up to 2G every day, and what I started with was a funny sum of 500 bucks!
It`s easy to start , just click this link http://edehowov.maddsites.com/izypygeq.html
and go! Let`s take our chance together to feel the smell of real money

Anonymous said...

Hello!
You may probably be very curious to know how one can make real money on investments.
There is no initial capital needed.
You may begin to get income with a sum that usually is spent
for daily food, that's 20-100 dollars.
I have been participating in one company's work for several years,
and I'll be glad to share my secrets at my blog.

Please visit my pages and send me private message to get the info.

P.S. I make 1000-2000 per daily now.

http://theinvestblog.com [url=http://theinvestblog.com]Online Investment Blog[/url]